Host: No mostrado/ Not shown
IP: No mostrado/ Not shown
Sistema: Windows XP
Re: organizar concentra de motos
Publicidad
sentíndoo moito tócasme a fibra sensible. o meu cacharro non estropea camiños, nin carrozos nin nada.penso que a xente está moi enganada coas motos. fai unhos días houbo unha ruta que pasou por Parada, esa xente preocupouse de limpar camiños que senón estarían pechados. o que vai camiñando non leva fouce, se pode pasar ben e senón que medren as silbas. espero non ofenderte pero é que as motos son a miña paixón e que me falen mal dela ou dos moteiros fastídiame moitísimo pq penso que moitos dos que opinan fano sin coñecernos e sin saber de nós. os das motos non todos corren coma tolos, non todos fan cabaliños nin filigranas nas motos, non todos levan o silenciador quitado para molestar ós veciños. hai que pensar que nunha maioría sempre vai haber unha ovella negra pero non todos podemos estar metidos no mesmo saco.
entón os carabanistas sí pq deixan cartos no pueblo e non molestas pero as motos non pq somos unhos destructores? non me parece xusto.