Host: No mostrado/ Not shown
IP: No mostrado/ Not shown
Sistema: Windows XP
Re: Por favor, no hay tiempo que perder...
Publicidad
hai moitas leis que non favorecen nin gusta a todo o mundo e non por eso temos que rexeitalas, ó contrario, temos que cumplilas. tal vez teña moitos inconvenientes pero tamén terá algunhas ventaxas. as veces vale máis un aborto a tempo que ver pequenos mal coidados pola irresponsabilidade dos seus pais. o da píldora tamén ten ventaxa para aqueles que por un fallo correran o perigo dun embarazo non desexado. non falo solo dos adolescentes, un condón defectuoso podelle tocar a calquera. eu fun nai adolescente e nunca se me pasou pola cabeza abortar, non estou para nada arrepentida, pero eso non quere decir que todas a mulleres teñan que facer coma mín pq hai máis camiños e cada un decide o seu. a vida é eso, decidir, cometer erros e aprender deles. cada un tomará a opción que prefira ou que máis lle conveña: abortar ou tomar a píldora.
espero non molestar coa miña opinión.
pd: recoñezo que debería haber un tipo de historial para ver quen e cantos usan a píldora do día despois pq algunhas inconscientes seguro que se deixarán levar polo instinto pensando que logo toman unha pastilliña que lle soluciona todo, sen ter en conta que son hormanas en cantidades bestiais e que eso ten efectos secundarios. ainda debería ter máis efectos para que cando a usen unha vez se decataran que eso só é un fármaco pa usos urxentes.