MA Fernán Vello/Galicia-hoxe/balonga     Fecha  2/10/2009 09:29 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Estado real do idioma galego (II)   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Estado real do idioma galego (II)
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
As minorías ruidosas galegófobas, e un segmento importante do Partido Popular, que falan de imposición do galego e que para disfrazar o seu desprezo ao idioma propio do país reclaman liberdade -¿liberdade para que, para o galeguicidio?-, talvez ignoren que a Unesco incluíu hai uns anos o idioma de Martín Codax nun atlas internacional de linguas en perigo no mundo, figurando así entre os 3.000 idiomas actualmente en risco de desaparición. ¿Unha esaxeración? Posibelmente. Tempo despois deixou de incluílo: non era, seica, politicamente correcto. Mais todo isto, convirán comigo, hai que aclaralo seguindo metodoloxía científica. Eu onte citaba un estudo realizado polo Consello Escolar de Galicia entre os anos 2002 e 2005, e convén fixarse neste novo dato que agora poño sobre a mesa: o 66,9% dos nenos galegos emprega o castelán de xeito individual, mentres que o galego só é utilizado por un 33%. ¿Temos datos hoxe ao respecto? Eu lembro un candidato galego por un determinado partido político -non desexo citar o seu nome- que dixo no seu día, sen enrubescer a tal persoa, que sucesivas modificacións da Lei de Normalización Lingüística tiñan levado ao país "practicamente a un monolingüismo en galego". Xa ven vostedes. Se acudimos, por exemplo, a un estudo serio e ben realizado, A lingua das novas (CCG), coordinado por Miguel Túñez e Xosé López, vemos que en Galicia "só cinco -non entra aquí, obviamente, Galicia Hoxe- de cada cen páxinas publicadas pola prensa están en galego". Dito doutra maneira, a presenza do idioma galego na prensa editada en Galicia é nula, e existen mesmo xornais importantes que só contan cun 1,9% de textualidade xornalística en galego. Esta é a realidade. Como tamén é certo que no ensino secundario -téñense realizado estudos moi serios sobre este ámbito- existe un clarísimo predominio do castelán sobre o galego, cun abafante 90% de castelanfalantes iniciais no ensino privado e cun 67% no público. ¿Imposición do galego sobre o castelán? Obscena fantasía política.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (3)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje