Ramón Lorenzo/A Nosa Terra     Fecha  4/10/2009 11:51 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Sem lingua propia Galicia non ten razón de existir   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Ramón Lorenzo, academico
‘Sen lingua propia Galicia non ten razón de existir
Xan Carballa . Catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, académico e un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega, Ramón Lorenzo (Ames, 1935) é autor dunha tese sobre a traducción galega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla que é referencia para o estudo da lingua medieval galega e portuguesa, ao igual que a súa edición galega da Crónica Troiana. Pola súa especialidade de romanística domina máis de dez linguas. Lorenzo amosa a súa indignación cos ataques ao galego e critica que se pretenda subverter a realidade e trocar a defensa do galego nunha agresión.

04.10.2009 | 09:13 TAGS: lingua , normalizacion , galicia bilingue , romanistica , ramon lorenzo ,

Ramón Lorenzo. Paco Vilabarros
A súa xeración contribuíu singularmente á restauración do galego en plena ditadura. Como observa o actual cuestionamento ao idioma?

Estando en perigo o galego, invírtese a situación e Galicia Bilingue, ou o PP, que son unha mesma cousa, veñen a dicir que é o castelán o idioma en mala posición. Un puro disparate que non se sostén. Pero cálase porque hai moita ignorancia e se cede a posturas importadas e inflamadas desde Madrid. Asómbrame que xente informada acepte que esa é a nosa realidade lingüística. É o mundo ao revés, porque cada vez empeora máis a situación do galego.

A argumentación sedimentada nestes anos a prol do galego parecía unha posición gañada. A que se debe o aparente triunfo desa tese revisionista?

Desde hai tempo a campaña de Madrid é poderosa. Ao PP non lle interesa nada o galego, e tampouco ao Partido Socialista. Comezaron na FAES nos tempos de Aznar, un home que añora a ditadura, e continuaron co apoio dos medios afíns de Madrid ou de partidos como o de Rosa Díez, dun españolismo máximo. Levan anos procurando que o castelán se impoña en toda España e eliminarían, se puidesen, as outras linguas dos países que conforman o estado. Co cambio de goberno na Xunta prepararon unha campaña intensa nos seus medios de referencia e foi o éxito dunha ofensiva moi ben artellada.

Non faltan barreiras no campo intelectual que defende o galego? Porque despois de trinta anos de presenza do galego no sistema educativo estamos peor en uso efectivo do galego.

Fixéronse moitas cousas mal. Cando comezou esa presenza do galego no ensino todos tiñamos a crenza de que axudaría á recuperación. Pero a xente decatouse de que os partidos dominantes en Galicia non estaban a favor e mesmo os nacionalistas non actuaron moi ben. Fíxate que de min dicían que era de Alianza Popular ou que no Instituto da Lingua Galega eramos españolistas. Aquel enfrontamento absurdo entre nós pola normativa ou xa a prol do portugués en Galicia debilitounos. E a pesar diso tiña moitas esperanzas na escolarización. Pero resultou que se fixeron as leis pero non se aplicaron e esa indiferenza do poder acabou transmitíndose cara abaixo. Nós temos institucións, como a Academia ou o Consello da Cultura, que igual que fixo Xosé Ramón Barreiro en Celanova, debían adoptar posicións máis duras. Fáltanos forza para impoñernos e, aínda que non me gusta falar mal dos nosos, creo que tamén ao BNG lle faltou decisión nesta materia, que se encerrou demasiado en si mesmo.

En 1989 vostede organizou un importante congreso internacional de Romanística en Santiago, e o declarar o galego e o francés idiomas oficiais do encontro supúxolle un verdadeiro trebón de críticas desde Madrid.

O que fixen era o normal. A lingua oficial dese encontro era o francés (así foi sempre na Sociedade de Lingüística Románica), e o que fixen foi que celebrándose en Galicia, co noso propio idioma, fose a outra lingua oficial. Deille ao galego nivel internacional e foi ben recibido, pero é que esa debería ser unha obriga das autoridades lingüísticas que se dedicaron a cuestións que nunca foron ao miolo do problema.

Hai pouco Luís Rei publicou unha biografía de Ramón Cabanillas na que lembra o momento en que el e Cotarelo Valledor entran a Academia Española, con dous vascos e dous cataláns para que as outras linguas tivesen presenza. Nin ese xesto é posíbel hoxe?

A maior parte da xente que está na RAE, agás mínimas excepcións, non admiten o plurilingüísmo. Os grandes santóns da filoloxía e a lingüística españolas son españolistas ao máximo. Non conciben que poda existir outra lingua que o castelán e pulan pola imposición. Cando aquel congreso de 1989 ofrecín a edición bilingüe francés-galego das actas e recibín verdadeiros insultos.

É unha posición política máis que lingüística.

Algúns deles actúan cunha fereza maior que a dos políticos, que ás veces teñen máis flexibilidade, aínda que sexa polo equilibrio de forzas. Por iso están presentes as linguas na Constitución, e aínda que a un nivel menor admítese a súa existencia. Pero a maioría dos lingüístas da RAE son agresivos, chegando a argumentar verdadeiras barbaridades como Gregorio Salvador.

É un resaibo do franquismo que o estado autonómico non fixo variar?

Moitos dese lingüistas formáronse na ditadura, pero xa os hai máis modernos. Pero a posición dominante é moi impositiva do español.

‘Non son fillo intelectual de Piñeiro’.

O seu currículo como especialista na Prosa Medieval é indiscutido, quédalle algunha tarefa especialmente querida por facer?

Un mundo delas. Fixen edicións de textos medievais pero teño materiais para facer moitas máis edicións e nunca puiden facer o que quixen, que era unha Gramática Histórica e unha Historia da Lingua. E non só iso, porque eu empecei na literatura e quería dedicarme a ela.

Cando un le sobre o seu grupo xeracional, que chega á Universidade nos anos 50,, seméllalle que se impuxo unhas tarefas cuase militantes a costa das súas propias vocacións.

A min marcáronme, porque cando empecei con Filosofía e Letras pensaba na literatura. A miña primeira publicación foi un libro de poemas. Pero considerando a situación do galego e tamén a miña aptitude funme metendo máis e máis nos estudos da lingua. Igual que Beiras se meteu na Economía. Tamén foi por indicación doutras persoas.

Vostede sitúase tamén como fillo intelectual de Ramón Piñeiro?

Tiven moita relación con el toda a súa vida. Non me gustou nada cando entrou no PSOE, aínda que era coherente coas súas ideas de sempre de galeguizar os partidos españois, algo que me pareceu disparatado. Pero cando cheguei á Universidade en 1955, era un falante galego que descoñecía a cultura galega. Atopeime con Otero Pedrayo e con Méndez Ferrín, con Franco Grande, Beiras, Mourullo e con outros compañeiros, e axiña me sentín parte dos galeguistas. Ao pouco presentáronme a Ramón Piñeiro e trabamos amistade pero cada un coas súas ideas. Daquela. Eu sentíaos a todos como irmáns, aos de aquí ou a Manuel María en Monforte. Piñeiro era un máis dese irmáns, e un verdadeiro mestre.

Abandonou a poesía?

Sempre escribín e hai quen me pide que edite eses poemas, pero a adicación intensiva á edición de documentos absórbeme por completo. Teríame gustado adicarme a fondo á literatura, tamén á narración.

Fala con pesimismo da situación social do galego, pero con optimismo da forza actual da literatura.

Ese é o gran problema. Temos unha magnífica literatura pero un círculo limitado de lectores. O gran público ou non le ou le grandes parvadas promocionadas desde Madrid. Aínda onte falaba cunha persoa de cultura e descoñecía quen era Méndez Ferrín. Esa é desgraza da nosa literatura e da cultura galega en xeral.

E ten sentido o país sen idioma?

Non. Galicia só será Galicia se permanece o galego. Sen idioma propio non teríamos razón de existir como entidade diferente. A lingua propia é a que nos define e esa lingua unicamente é o galego. O castelán foi imposto á forza en detrimento do galego. Calquera estudo histórico así o demostra incuestionabelmente. Desde o século XIII, mandando xente de Castela para ocupar os cargos máis importantes. Esa elite trouxo o seu séquito (bispos, nobres ou xuíces) e ao longo de toda a época medieval foi a que impuxo o castelán. No século XVII aínda se protesta contra o bispo Clemente porque dá os mellores cargos aos que non falan galego e desde o XVIII, que comeza a escola, imponse o castelán, só hai que ler as denuncias airadas do Padre Sarmiento. Todas as leis e os decretos dos séculos XIX e XX, e os máis recentes da Ditadura, foron encamiñados a impoñer o castelán pola forza. Nos anos sesenta os mestres eran controlados pola inspección esixindo castigos para os rapaces que dicían palabras en galego. O galego conservouse a pesar de todo.

Aínda así a agresividade e o desprezo contra o galego pode provocar unha reacción positiva na súa defensa?

Con este goberno véxoo moi mal. Están eliminando todos os avances, desde as galescolas –tamén co malfadado cambio de nome por Galiña azul– até o decreto escolar. Temos un goberno moi decidido á contra do idioma e confío que as plataformas que se crean para contrarrestalo funcionen
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (2)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje