León     Fecha  7/10/2009 23:19 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Síntome orgulloso.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Teresa Taboas fala galego na Comisión de Descolonización da ONU

Táboas defende na ONU que o galego "nunca deixe de bater contra os muros da intolerancia"
Santiago de Compostela, 7 Outubro 09.- “Vou comezar a miña intervención falando en galego, porque quero que resoe con forza neste espazo arquitectónico (...) a lingua do meu, para que nunca deixe de bater contra os muros da intolerancia”, con estas palabras a deputada do BNG Teresa Táboas deu comezo ao seu discurso na IV Comisión de Descolonización da ONU, como xesto para amosar que a intransixencia e o ataque á liberdade dos pobos pode estar moi cerca, non só nos chamados conflitos internacionais.
Táboas interviu como membro dunha delegación integrada por representantes doutras cámaras autonómicas e organizacións solidarias comprometidas coa situación do pobo sarahui. Sigue así o camiño iniciado primeiro por Carlos Aymerich na Conferencia Mundial dos Dereitos do Neno e por Ana Miranda en 2007, quen tamén aproveitara para que a voz, neste caso de Castelao, resonase na Institución, lembrando moi acaidamente para o contexto que “non hai peor desterro que o que se sofre no propio Pais”.
A parlamentar amosou a solidaridade do nacionalismo galego cun pobo que leva demasiados anos xa sofrindo non só a ocupación do seu territorio senón tamén a vulneración dos máis elementais dereitos humanos.
De seguido fixo un percorrido pola cronoloxía e historia política deste conflicto até chegar ao papel dos organismos internacionais, a súa pasividade perante o padecemento dunha poboación torturada, asesinada, desposeída do seu territorio e confinada en moitos casos aos campamentos de Algeria.
A deputada preguntouse onde está o traballo da ONU e incluso do estado español para garantir o respecto do dereito internacional e o cumprimento das resolucións de Nacións Unidas de recoñecemento do dereito de autodeterminación.
Para Táboas, non chega coa “caridade”, o único camiño cara a descolonización e para a pervivencia da nación saharaui pasa por un referendum que lles outorgue o control sobre o seu territorio, ocupado ilegalmente por Marrocos para perpetuar unha ocupación que non é recoñecida internacionalmente.
Nacións Unidas debe tomar a iniciativa para impulsar este referendum, transparente e con todas as garantías, aconsellado incluso polo recentemente falecido senador Edward Kennedy ao presidente Obama, “porque o dano feito sobre esa poboación é demasiado grande para seguir agardandO; os saharauis dos campamentos no deserto ou os que viven no territorio ocupado levan esperando máis de tres décadas para que se cumpra a lei internacional”.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (1)
 
  • » Síntome orgulloso. « - León - 7/10/2009 23:19 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje