Host: No mostrado/ Not shown
IP: No mostrado/ Not shown
Sistema: Windows XP
Entrevista ao escritor Suso de Toro
Publicidad
Pero que queda do Zapatero que falaba tanto do Estado plurinacional?
Zapatero enfróntase a algo que existe, que son as nacionalidades e unhas correntes políticas históricas. A nosa autonomía non é a rioxana nin a estremeña. Quen ocupe a presidencia diso que nunca se debeu chamar Xunta, senón Consello da Galiza, continúa a Castelao, aos exiliados, aos presos, a Murguía ou a Vilar Ponte. Existimos, non poden acabar con nós. Zapatero afrontou esa realidade humana que ten unha dimensión tamén cultural ou lingüística. Rodríguez Zapatero veu aquí e nalgún mitin díxolle aos socialistas galegos que teñen que defender a súa cultura, cando hai xente dentro do PSdeG que non o fai. Zapatero é máis galeguista que moitos militantes socialistas de aquí. Curiosamente, a debilidade de forza moral dos militantes do PSOE é moi grande. Cando eu falo con eles, son máis zapaterista que eles. Zapatero ten un dominio do tempo, fai cálculos a varios meses e anos. Hai debilidade nesa posición psicolóxica dalgúns socialistas cando en Madrid hai unha extrema dereita... Madrid é unha cidade dominada polo pensamento da extrema dereita e pola súa presenza física.
Ata asinou un libro de conversas con Zapatero.
Cando fixen o libro con Zapatero eu díxenlle que era portador de aspectos novos no seu pensamento político que non eran ben entendidos nin pola sociedade nin polo seu propio partido. Zapatero é un demócrata radical, pero con preocupación social e fiel aos sindicatos.
E cal pensa que é o pensamento político de Núñez Feijóo?
O PP de Feijóo e Rajoy practica a moral católica, que é a hipocrisía. O protestantismo obriga a ter unha ética persoal que solventou os problemas morais, o catolicismo seguiu a máxima de que o que faga a man esquerda non o saiba a dereita. É dobre moral, peco pero confésome, peco pero é na casa... Recordo cando Rajoy dicía aquilo de “vaia coñazo” sobre o desfile militar e logo acusaba a Zapatero de romper España. Iso é o que fan tamén aquí en Galicia, hipocrisía.
Está Feijóo e o seu Goberno á dereita de Manuel Fraga?
Fraga é unha figura moi complexa. En temperamento é un fascista, pola súa historia persoal un franquista, con sangue nas mans incluso logo da ditadura como cos obreiros masacrados en Vitoria no 76, pero é un profesional da política, cunha visión histórica de si mesmo. É un oportunista sen coherencia, sen tránsitos, é leal a si mesmo, só se preocupou por el. Pero segue a ter unha cabeza moi intelixente e áxil, e segue sendo malo coma sempre, pero para os demais e para os seus. Foi pragmático, adaptouse ás autonomías cunha interpretación, con aquilo da administración única, na que asumiu a Galicia como é, o Reino da Galiza.
E que asume este novo PP galego?
Hai unha nova xeración cun pasado de ultradereita. Fraga o era, pero viu os cambios. E logo tamén hai elementos como Núñez Feijóo, que é un político profesional, que podería facer como Groucho Marx: ten uns principios e se non gustan ten outros. Está facendo esta política, de extrema dereita, pero podería facer outra noutra conxuntura. Houbo unha ruptura. Fraga tivo unha evolución pola vida. Chegou aquí e reencontrouse cunha parte de si mesmo. El volveuse a ligar afectivamente con Galicia. Iso non o ten Núñez Feijóo. Hoxe é un político que está no sitio cambiado, porque querería estar en Madrid e resulta que está aquí, como presidente da Xunta. Está incómodo, para el ser presidente de Galicia é como selo da Rioxa. Está aquí para facer carreira política. E como toca facela coas bandeira da extrema dereita, pois cumpre con iso.
Respuestas (1)
» Entrevista ao escritor Suso de Toro « - xornal.com/balonga - 18/10/2009 11:32