Host: No mostrado/ Not shown
IP: No mostrado/ Not shown
Sistema: Windows XP
Samaín
Publicidad
Samaín contra Halloween MANUEL MOLARES DO VAL Séculos antes de que o cine de Hollywood exportase ó mundo a festividade do Halloween, en numerosos lugares de España e en boa parte de Iberoamérica celebrábanse o día e a noite de Samaín, xornadas na que a xente puña nas súas casas cabazas imitando caveiras xunto a vasos de viño e a algúns alimentos. Á mañá comprobábase que os espíritos consumiran durante a penumbra aquelas bebidas e viandas, antes de volver ás súas tumbas deica o ano seguinte.
Os vellos aínda recordan, polo menos desde Cantabria ata Galicia, o nome de Samaín, termo celta que perdura desde hai case tres mil anos, e que tamén se chama así en Irlanda, que o exportou a EEUU, e este devolveuno co seu terrorífico cine gótico-humorístico.
Que os mozos españois crean agora hollywoodense algo tan ancestral e propio é igual que tomar por californiano a Don Quixote porque aparece nunha película da Warner. En Iberoamérica, especialmente en México, o Día de Todos os Santos e a noite dos mortos é unha festa esencial do calendario. As procesións de coloristas disfraces, as caveiras, as figuras de faragulla de pan, son mestura de relixión e folclore, Samaín e culto á morte dos pobos nativos.
O sorprendente é que, a pesar dos seus 75 anos de idade, o bispo de Sigüenza-Guadalaxara, José Sánchez, denuncie o Halloween nunha homilía como paganismo cinematográfico, ignorando que cabazas e pantasmas son parte do noso Samaín.
Saiba, don José, que non é paganismo cinematográfico. É paganismo autóctono, e recorde que, aínda que o cristianismo tratou de erradicalo, terminou adoptándoo: por iso o papa Gregorio IV converteu o vello Samaín en festa de Todos os Santos no ano 840.