Higino Martins en Galicia-hoxe     Fecha  19/12/2008 07:04 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder As orixes de Galiza   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Investigación
As orixes de Galiza
O profesor Higino Martins reconstrúe en "As tribos calaicas" a protohistoria do país a través do estudo da toponimia desde unha perspectiva céltica
M. DOPICO . SANTIAGO

Higino, na presentación do seu libro o pasado sábado en Ourense

"A Kalláikia existiu, nom foi feitura romana. Há um passado do que orgulhar-nos" (...). "E Galiza existe, mal que ainda agachada sob um véu de angústia. Mas pronto lhe veremos a misteriosa, entranhável face". Así o di o profesor e investigador da lingua e cultura celta Higino Martins na súa obra As Tribus Calaicas. Proto-História da Galiza à luz dos dados linguísticos, publicada por Edições da Galiza.

Martins, fillo de galegos emigrados a Arxentina, viaxou desde Bos Aires, onde naceu no 1940, para presentar esta semana no noso país o seu libro: un estudo elaborado con materiais que reuniu ao longo duns vinte cinco anos de investigación. "A obra recolle fontes gregas e romanas: Estrabón, Claudio Tolomeo, Plinio o Vello, Pomponio Mela... Pero a achega fundamental non é o dito por estes autores, que xa se sabía, senón a interpretación dos nomes que eles dan. O único que pode achegar información nova é a lingüística", explicou Higino Martins nunha entrevista.

O profesor indicou que "ao revisar os nomes de lugar os achados son alucinantes. Contra a corrente de opinión frecuente de que o que houbo aquí non é máis que unha abstracta cultura castrexa, -e que di que os defensores do celtismo non saben do que falan-, o que temos é a análise lingüística, que xa está feita en todo o mundo. No libro recollo máis de 900 etimoloxías que só se deixan interpretar a partir do céltico. Na toponimia galega hai testemuñas da relixión celta...". -Por exemplo, o termo Lugo viría do rei-Deus celta Lugus-. "O problema é que hai en Galiza persoas que se apuntan ao que cren politicamente correcto, xente que só pensa en gañar o pan...", cre Martins.

A obra aborda, deste xeito, as referencias lingüísticas da existencia da Kalláikia pre-romana: unha realidade que se estendería ao longo do actual territorio da comunidade autónoma galega, o norte de Portugal ata o Douro, chegando ás actuais provincias de León e Zamora, e a Asturias, e que atoparía a súa continuidade no reino medieval de Galiza. Habitaron este territorio, segundo Martins, ao norte as tribos dos ártabros, -ártabros significaría "os do norte"- ao leste as dos astures e ao sur as dos grovios: tribos de orixe indoeuropea ás que unían unha lingua céltica común, así como a relixión e certas celebracións, e que mantiñan reunións anuais. O centro situaríase prerto da actual Pobra de Trives.

Estas tribos organizaríanse, segundo os estudos de Higino Martins, a través dun sistema de parentesco de matrimonio de primos cruzados, que artellaría as familias, a partir destas os clans, ata acadar as tribos e, máis alá, as tres federacións de tribos. Se os romanos instalaron campamentos en Lugo, Astorga e Braga, foi, segundo o autor, para vixiar estas asembleas anuais das tribos celtas.

TRAXECTORIA Docente de galego en Arxentina

Martins é profesor no Instituto Argentino de Cultura Galega desde o 1977, ademais de autor de estudos no ámbito filolóxico como unha gramática galega ou o Ensaio de Gramática do Céltico Antigo Comum, ademais de responsable de edicións reintegradas de obras de autores como Rosalía, Pardo Bazán ou V. Fernández Flórez. "Levamos 32 anos dando cursos de galego. E hai demanda: un tercio da poboación arxentina ten sangue galego...", lembra.
DATOS O indoeuropeo occidental

"A lingua celta, que é o indoeuropeo occidental, foi mudando co tempo. O indoeuropeo de Europa é produto da difusión do Neolítico, da agricultura, entre o ano 6.000 e o 4.500", apuntou. Este idioma teríase mantido, segundo este autor, aínda durante mil anos despois dos romanos. "Sabémolo pola etimoloxía do topónimo Urraca, que no século IX, X, XI, foi aplicado, nas montañas do primitivo reino de León, ás mulleres do rei. E é probable que no século XV aínda quedase céltico residual nos Ancares", engadiu.

O futuro do idioma

O galego, segundo Martins, non desaparecerá como a lingua dos celtas, xa que temos "o galego-portugués, que falan 350 millóns de habitantes". "O amor á patria", subliña, "non vai en detrimento de ninguén. Se hai odio é falso. Na Península xurdiron tres linguas romances, entre as que non hai igualdade de dereitos, como si hai en Suíza...", subliñou.

A obra relaciona a orixe da palabra Kalláikia, que expresa vínculo coa terra, co termo Kala, referido a unha tribu que tería logrado victorias sobre os romanos.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » As orixes de Galiza « - Higino Martins en Galicia-hoxe - 19/12/2008 07:04


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje