Galicia-hoxe     Fecha  23/12/2008 07:42 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O PSOE saca a careta e aspira a manipular o voto exterior   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Jorquera: "O PSOE saca a careta e aspira a manipular o voto exterior"
O BNG acusa o PSOE de non facer nada para evitar a fraude na emigración e tampouco para que os mariñeiros poidan emitir os seus sufraxios
AXENCIAS
O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, asegurou onte que "por fin o PSOE saca a careta e deixa ver ás claras que só aspira a manipular o voto emigrante, en lugar de outorgarlle as debidas garantías". O vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, acusou antonte o BNG de "querer eliminar o voto da emigración", porque, explicou en declaracións á Ser, "apenas ten votos, só un 3 por cento". Jorquera considerou que no Congreso se puxeron de manifesto as "contradicións" do PSOE que, "en Galicia di defender a reforma do voto emigrante, pero actúa doutro xeito en Madrid, onde bloquea o proceso para modificar canto antes o sistema de voto dos residentes ausentes".

O nacionalista aconselloulle a Varela que se poña de acordo co vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, quen suxeriu hai uns meses "limitar a participación" nas eleccións xerais dos residentes ausentes, a través dunha "circunscrición electoral propia". Jorquera concluíu que é "o PSOE o que está interesado en manter o sistema tal e como está, porque sabe que o actual sistema é fácil de manipular".

Pola súa banda, o deputado do BNG no Parlamento galego, Bieito Lobeira, denunciou onte que o voto dos mariñeiros embarcados non se soluciona porque este colectivo "é libre e non é tan manipulable como outros", segundo reprobou referíndose ó sufraxio da emigración, que considerou "máis teledirixido".

A través dunha pregunta oral na Comisión Institucional, Lobeira interpretou que a "mínima reforma" necesaria para poder solucionar este "grave problema democrático" non se levou a cabo porque "é máis funcional caciquear co voto emigrante". Fronte a iso, reclamou que se constitúan mesas electorais a bordo dos buques, delegando como funcionario responsable do proceso ó capitán, co fin de evitar así que "entre 10.000 e 15.000 mariñeiros" galegos da frota de altura, grande altura e da Mariña Mercante queden sen exercer o seu dereito a voto o 1 de marzo. Lobeira asegurou que esta medida é "tecnicamente viable" e, como exemplo, apuntou que xa se leva a cabo en países como Suecia, "cunha frota moitísimo máis pequena que a galega". Por iso, atribuíu a motivos políticos que nin o PP nin o PSOE busquen solucións.

O secretario xeral da Consellería de Presidencia, Santiago Roura, resaltou que a Xunta se dirixiu en dúas ocasións ó Executivo estatal por este tema. Así, recordou que xa existe un grupo de traballo na Cortes para reformar a Lei electoral e que, entre outros puntos, estuda como permitir que os mariños poidan participar nas eleccións desde alta mar, pero explicou que é "complexo" solucionar este "desaxuste".
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » O PSOE saca a careta e aspira a manipular o voto exterior « - Galicia-hoxe - 23/12/2008 07:42


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje