Galicia-hoxe     Fecha  28/12/2008 11:59 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder voto emigrante   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Voto emigrante
SALVADOR SOUTULLO CAROLO
Chegaron as eleccións ó Parlamento de Galiza, levamos catro anos de goberno na Xunta entre o BNG e o PSOE e foi unha experiencia moi positiva que posibelmente se volva repetir. Conseguimos apartar a dereita española que levaba no poder dende 1936 ata hai catro anos adaptándose ás diferentes circunstancias históricas e internacionais. Agora vén a hora do reconto, do inventario, da análise do que se fixo e do que queda por facer. É este o momento de poñerse a pensar a quen imos votar, e para iso temos que basearnos nos feitos máis que nos discursos. Na praxe máis que en escenificacións que ás veces incluso pretenden facernos pasar por parvos.

A realidade é que dende a Secretaría Xeral de Emigración, xestionada polo PSdeG-PSOE, non se fixeron grandes avances. Séguese a dar voltas á mesma roda dende hai decadas, segue a facerse un día a día sen pensar e analizar cousas importantes de fondo que afectan á emigración. Nin tan sequera convocaron as persoas que levamos décadas traballando desinteresadamente e sen cobrar un peso no tema da emigración.

O PSdeG segue a funcionar como un partido ó que lle falta autonomía política respecto do que se manda dende a rúa Ferraz de Madrid. Respecto do que se lle ordena dende os líderes españois do PSOE. Blanco, secretario de Organización do PSOE a nivel español, fártase de falar de cousas que logo vai alongando no tempo e que nunca se materializan. Na emigración o que fai falta é falar claro e poñer urnas con interventores e apoderados para que se vote igual que se fai no interior de Galiza. Non me valen escusas de que se puxesemos urnas e apoderados habería xente que tería que ir votar a dous mil quilómetros da súa residencia. Iso non é certo. O goberno galego ten que poñer colexios electorais en todo o territorio onde viven os nosos emigrantes. Teñen que facelo xa, e téñenos que poñer onde sexa preciso á marxe de se son consulados ou non.

Nas entidades galegas que están espalladas por todo o mundo, nas institucións dos países de acollida, alugar locais se é preciso por todo o planeta e facer posíbel que os galegos que viven espallados por todo o globo terráqueo voten do mesmo xeito que o facemos os galegos que vivimos dentro do territorio xeográfico que nos é propio. Non valen escusas. Estamos coa mesma cantadela elección tras elección sen resolver o problema. Tense que depurar o Censo Emigrante para que non voten os mortos, para que unha única persoa non vote dezasete veces; e isto faise con urnas, interventores e apoderados e con voto por correo exactamente igual que dentro da Galiza. Xa está ben.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje