Host: No mostrado/ Not shown
IP: No mostrado/ Not shown
Sistema: Windows XP
voto emigrante con copia do DNI
Publicidad
Os emigrantes terán que xuntar copia do DNI A XEC obriga a identificar os votos REDACCIÓN A Xunta Electoral Central acordou onte esixirlles ós electores residentes ausentes que exerzan o seu dereito a sufraxio por correo a inclusión dunha fotocopia do pasaporte ou do Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder votar nos próximos comicios.
A XEC atende así á petición presentada polo PP para solicitar que se garanta "minimamente" a identificación dos residentes no exterior mediante documentos acreditativos. Nunha instrución aprobada con data de onte, que será publicada polo BOE, a XEC sinala que os emigrantes deberán incluír no sobre para enviar á Xunta Electoral Provincial, xunto ó sobre ou sobres de votación e o certificado de inscrición no censo, unha fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas ou, na súa falta, polo consulado de España no país de residencia.
Tras coñecer a decisión da XEC, o BNG emitiu un comunicado a última hora de onte no que indicaba, con todo, que "aínda quedan moitos aspectos pendentes na reforma para asegurar o voto emigrante". O PP tamén amosou a súa satisfación e reiterou que aínda non se cumpren todas as garantías.