Galicia-hoxe     Fecha  6/02/2009 05:12 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Tristes grazas non se precisan   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
LAPARADA DE PAPEL
Tristes grazas non se precisan
ALBERTE BRENLLA GONZÁLEZ
Gustaríame vivir nun país normalizado, onde facer unha vida sen estridencias fose o común. Non quero dicir con isto que viva nunha terra deixada pola man de Deus, aló nun Finisterrae no que todo vale. A cualificación de sociedade moderna, onde a clase dirixente desta actúe atinadamente, estou seguro de que se gaña día a día. En definitiva, os cambios para ben non son acenos, senón que se tratan de actuacións concretas a palpábeis.

Non se chega a comprender como unha parte, non pouco importante, da nosa clase política está na teima de establecer dous tipos de galegos á hora do seu dereito a exercer o deber cívico de votar. Escóitase de todo nos tempos que temos que vivir, pero non pasará día en que a cidadanía quede abraiada de certos argumentos que só se entenden no terceiro mundo e con dificultade nesta parte do globo. A defensa do voto no exterior que está a facer sen vergoña ningunha o PSOE, para desgraza dos galegos desprazados, cheira literalmente a can, como diría un cidadán enxebre. Non se pode estar de acordo coa exclusión dos galegos que desenvolven a súa vida de acotío alén dos lindeiros da Galiza. Agora ben menos se entende que as garantías á hora de exercer o voto por aqueles sexan diferentes ás obrigas dos que se atopan na terra. A Xunta Electoral Central moi atinadamente tentou darlle máis seriedade ao proceso obrigando o votante de fóra a presentar fotocopia da súa documentación, xa a copia do documento de identidade, xa do pasaporte. Resulta insólito que diante das experiencias de anteriores eleccións no estranxeiro, onde só quedou por votar Pablo Iglesias ou o mesmísimo Breogán, os próceres do socialismo hispano e tamén os que habitan na rúa do Pino ameazaran cun recurso diante do Tribunal Supremo. Soa a chiste, pero o que se demostra é que os nosos socialistas, encabezados por Pepe Blanco, necesitan a chapuza que eles pretenden co voto exterior para paliar os apoios á baixa que sospeitan van recoller na nosa Terra. Quizais teman que o traballo dese bo político, pero sospeitoso embaixador na emigración, apelidado Cortizo, non aguante o tirón que provoca a decisión da nosa Xunta Electoral Central. Agora, os socialistas, eses dos cen anos de honradez, regálannos coa mensaxe de que, malia a fotocopia da documentación pertinente, gañarán as eleccións na diáspora. O que en realidade podemos considerar altamente sospeitoso é que alén do Atlántico sempre saia vitorioso nos comicios de quenda o partido gobernamental, hoxe o PSOE, non hai tanto tempo o PP. Tanto monta, monta tanto nesta absurda realidade que é o voto exterior, pois uns e outros sempre fixeron acenos de cambio cando estaban na oposición, negándose a facer o mesmo que predicaban en canto desenvolvían labores de goberno. O que en realidade crea votantes de primeira e dos outros é unha normativa que afonda no agravio comparativo, pois non é fácil entender que os requisitos que se piden na Galiza se obvien fóra desta. Todo galego ten dereito a votar, pero é lóxico que nas mesmas condicións, e non deixando en mans que non son presuntamente brancas os milleiros de votos dos residentes ausentes. Non sei se o voto en urna en embaixadas e consulados será a panacea, agora ben, daríalle unhas garantías que non existen ao proceso que hoxe está en marcha. Necesítase a reforma electoral pertinente e non o manter aquela máxima de que quen inventou a lei inventou a trampa. É sabido que Cortizos e similares houbo, tanto con gobernos do Partido Popular coma do PSOE. Máis tristes grazas non se precisan.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Tristes grazas non se precisan « - Galicia-hoxe - 6/02/2009 05:12


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje