Palmira G.Boullosa     Fecha  9/05/2009 15:07 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Arrolos. 17 de maio dias das Letras Galegas   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Se este neno me durmira
daríalle un real
e despois de que durmira
volveríallo quitar.

Durme, neno,
que teño que facer:
lavar os cueiros,
pasar o ferro e coser.

O meu meniño é unha rosa,
heille de dar un biquiño
porque caladiño dorme
porque dorme caladiño.

Durme ti ben, meu meniño,
que o teu pai vai no mercado,
hache de trar as roscas
e un tiroliro furado.

Pedro Chosco é o meu amigo,
que me vén a visitar:
cando Pedro Chosco vén
son horas de me deitar.

Arrurrú, meu meniño,
durme logo e non chores
que a túa nai folgar non pode,
pois, neno, somos moi pobres.

O meu meniño é pqueniño,
heino de aprender a todo:
a amasar e a peneirar
e a meter o pan no forno.

Durme, meu neno,
que te vou ditar,
que a túa naiciña
ten que traballar.

Xan, Xaranxá,
dacabalo nun can;
o can era coxo
e tirouno nun toxo;
o toxo era bravo
e tirouno no prado;
o prado era frío
e tirouno no río;
o río era doente
e levoullo a xente;
a xente era quente
e levoullo o cura.
O cura, coa risa,
mexou na camisa.

O meu neno está no berce,
os olliños vai pechar,
canta o moucho, cae a noite,
o meu neno dorme xa.

Aló enriba, no alto da serra,
hai un galo e unha pita choca;
o galo canta e a pita chora
porque lle dormen os polos fóra.
O boi brúa.
a vaca lle axuda,
e o carneiro tamborileiro:
alá vou eu que hei ser o gaiteiro.

Cando o rei por aquí pasou. Palmira G.Boullosa.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Arrolos. 17 de maio dias das Letras Galegas « - Palmira G.Boullosa - 9/05/2009 15:07


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje