Host: No mostrado/ Not shown
IP: No mostrado/ Not shown
Sistema: Windows XP
Por que non queres o galego en Galicia?
Publicidad
12 de Maio de 2009 ¿POR QUE NON QUEREN O GALEGO EN GALICIA? É a pregunta que lle fai un sorprendido cativo de Bos Aires a un dos nosos mellores escritores, Xosé A. Neira Cruz. Pego aquí o seu magnífico artigo. O que inqueda ao autor, igual ca min, é o motivo polo que tal pregunta non é formulada por ningún adolescente galego. A min tampouco ma fixeron en ningún colexio, en ningún instituto de Galicia, nin con preocupación nin sen ela. E se esa preocupación non existe nos que deben ser falantes da lingua no futuro, ¿que futuro queda? Xosé A. Neira Cruz . Waterboarding . Cando os días mudan tristes, e un esperta coa estraña sensación de non dar saído, por máis que o intente, do pozo de mendacidade no que con máis frecuencia da aconsellable nos megullamos ou nos deixamos mergullar, un recurso feliz para coller aire antes de volver a sufrir o waterboarding cultural, é recuperar unha imaxe ou unha lembranza preñada pola semente dun futuro prometedor. Eis, pois, o meu esforzo de hoxe, a miña aposta, antes de que alguén volva turrar pola miña cabeza para dentro das augas escuras.Nesa imaxe ou lembranza, un rapaz de acusado sotaque porteño, faime unha pregunta en galego e sobre o galego. Estou en Bos Aires, nesoutra parte da Galicia esparexida, e o colexio Santiago Apóstol acolle unha miña intervención ante adolescentes que se educan en galego, castelán e inglés. “Por que non queren o galego en Galicia?”, pregúntame ese mozo, que non sei dicir se é necesariamente descendente de galegos, xa que arredor de min hai rapaces a me falar na nosa lingua con evidentes trazos étnicos que remiten a diferentes latitudes do mundo. Despois de responder cun optimismo necesario (porque moitas veces só a balsa do optimismo nos permite continuar a aboiar), sigo lembrando esa pregunta e esa voz. No taxi de regreso. Na soedade da habitación do hotel. Agora, aquí, mentres escribo e me pregunto se haberá algún adolescente nalgún centro de ensino de Galicia disposto a me facer a mesma pregunta con idéntica carga de sincera preocupación. Velaquí a dúbida previa ao inminente afogo.
Respuestas (0)
» Por que non queres o galego en Galicia? « - cop. de X.Manuel Marcos - 12/05/2009 17:47