teo ramirez     Fecha  15/03/2007 02:00 
Host: 83.165.67.159    IP: 83.165.67.159    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Re: Galinux-Slax con windows 98   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Facer un programa instalador para Windows 98/DOS é unha idea que nos ronda pola testa desde o comenzo, pero polo momento non o temos feito. De tódolos xeitos, pódese instalar "a man" máis ou menos sobre calquera cousa, Win98 incluído.

Primeiro descarga e grava o Live-CD e tamén descarga e descomprime o arquivo ferramentas.zip. Copia todos os contidos do Live-CD en c:\ (algún coma grldr e outros non son necesarios para iniciar se XP, pero non ocupan case nada e non molestan).

Tes moitos xeitos de instalar Galinux-Slax nun disco con Windows 98 (ou sen windows):

1-Instalación "total" no disco duro. Emprega algún xestor de inicio coma grub ou lilo. Se nunca os empregaches, pode ser algo lioso. Ollo: se fas algo mal podes mancar o Win98 e reparalo pode ser laborioso. Terás que configurar algunhas cousas coma a ruta a vmlinuz e initrd. En internet e nos foros de slax hai moita información sobre como facelo.


2-Arrincar Galinux-Slax desde Win98/DOS xa iniciado ou a medio iniciar. Podes editar o arquivo autoexec.bat para que amose unha nova opción que será arrincar Galinux-Slax. Deste xeito non chegas a iniciar o xestor gráfico de win98. Tamén podes facer un arquivo bat novo que podes chamar desde Win98 cun aceso directo no escritorio, por exemplo. Nos dous casos necesitas o que hai no cartafol "raiz do CD/boot/DOS/" do arquivo ferramentas.zip. (loadlin é un programa que permite reiniciar o PC con Linux estando en DOS ou Win98). En xeral, todo o que hai en "raiz do CD" son cousas que veñen na distribución Slax orixinal e que quitamos da imaxe ISO para alixerala. Podes refacer a imaxe ISO para engadilos dun xeito moi doado con programas como ultraiso e outros, ou ben editar o contido dos arquivos bat e de configuración para arranxar as rutas e que apunten aos sitios axeitados.

3-Arrincar desde un disquete. Podes empregar raiz do CD/tools/WIN e raiz do CD/make_disk.bat. O mesmo que antes, engades estes cartois á imaxe ISO, ou editas as rutas. Tamén a man podes facer un disco de inicio DOS e copiar e editar o de /boot/DOS nel.

4-Arrincar desde un CD de Galinux-Slax modificado. Se non queres empregar longos "cheatcodes" con cada inicio, non vale o CD orixinal (na vindeira revisión engadiremos unha opción de inicio para CDs copiados no disco duro). Terías que editar o arquivo isolinux.cfg da imaxe ISO cunha nova opción coma esta:

title Inicio desde imaxe ISO do Live-CD copiado en c:

kernel /boot/vmlinuz max_loop=255 init=linuxrc load_ramdisk=1 prompt_ramdisk=0 ramdisk_size=4444 root=/dev/ram0 rw

initrd (hd0,0)/boot/initrd.gz

boot

(desde kernel ata rw é a mesma liña)

5-Arrincar (ou instalar todo) desde memoria USB, se o hardware o permite. Emprega o programa para Win MySlax creator (vai en ferramentas.zip). Podes editar o arquivo cfg para que cargue todos os módulos desde a copia no disco duro ou deixar que os cargue desde o lapis (non hai moita diferencia na velocidade).

6-Instala XP no PC. Se non vai ben por que o PC é moi antigo, tanto ten, só necesitamos os arquivos de inicio do XP e executar o programa instalador de Galinux-Slax. Logo podes borrar todos os contidos do disco duro agás C:/galinux e os que están no cartafol raíz de C:. Ao remate, todo ocupa menos de 400MB. Mesmo se renuncias a manter tamén o win98, podes clonar (co modulo "ferramentas de disco" de galinux-slax podes facer estas cousas) o disco duro noutro de medio giga de dez ou máis anos e empregar só Galinux-Slax. Se deixas espacio dabondo, podes facer outra partición con FAT16,FAT32,EXT2 ou EXT3 para un arquivo de intercambio de memoria e un cartafol permanente para documentos: empregas sesións permanentes (copiando c:/galinux/opcionais/sesion.mo no raiz de c:/), persoalizas as rutas desde o centro de control KDE e o todo que queiras e logo moves o módulo sesion.mo desde o cartafol raiz de c:/ cara a c:/galinux/base. Deste xeito sempre inicias coa túa configuración por defecto e co cartafol de documentos que indicaches con anterioridade.

Ben, todo isto é un pouco lioso. Se tes dúbidas, xa sabes onde atopanos. Unha aperta e gracias por empregar o noso traballo.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • Galinux-Slax con windows 98 - manuel meixide - 14/03/2007 21:19 
    • » Re: Galinux-Slax con windows 98 « - teo ramirez - 15/03/2007 02:00 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje