teo     Fecha  17/04/2007 23:25 
Host: 83.165.67.159    IP: 83.165.67.159    Sistema: Linux


Volver al foro Responder Re: distribuir galinux   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
Primeiro, gracias polo voso interese. Non hai cousa que máis nos anime a seguir adiante que o ver que o noso traballo pode ser de utilidade.

Dependendo do que queirades facer, tedes varios xeitos de personalizar o live-cd, máis con todos eles necesitaredes editar a imaxe ISO. Non vale copiar os contidos aun cartafol, cambialos e logo facer un CD, porque pérdese o sector de arranque que está coma "agochado", e deixaría de ser un live-cd.

¿Cómo refacer o live-CD entón?

Desde XP:

O único programa sinxelo que coñezo é UltraISO, pero é de pago. Se só queredes cambiar un par de cousas, como o fondo de pantalla ou o xeito do inicio, empregade o programa "My slax creator". O podedes atopar na rede, pero xa ven no arquivo comprimido ferramentas.zip (na sección de enderezos), no que hai tamén un arquivo chamado make_iso.bat, pero este é moi lioso.


Desde Galinux-Slax:

Iniciádeo e empregade o módulo ISO Master (tedes que ir á sección de descargas e baixalo, porque todavía non estaba na versión 1.3). Iso é todo: xa tedes un programa para editar imaxes ISO. O problema pode vir porque Galinux-Slax non vos deixará por defecto escribir no disco duro se só tedes unha partición NTFS. O máis doado é gardar e editar a imaxe ISO nunha unidade externa de disco ou de memoria flash de máis de 512MB. Se queredes probar como funciona a imaxe ISO editada sen ter que gravar CDs de verdade e con moita comodidade, podedes descargar o módulo VirtualBox, que é coma un simulador de PCS.


¿Que cousas podemos cambiar no live-cd?

-As opcións de inicio: editade o arquivo isolinux.cfg

-O fondo de pantalla: empregade MySlax creator ou a vindeira solución.

-Máis cambios: Poden ser, por exemplo, meter cousas no cartafol de "Os meus documentos" de Galinux (baleiro por defecto), coma documentación, apuntes, vídeos... ou engadir ligazóns ao sitio web do centro e cousas así. Todo isto pode facerse de dous xeitos:

1-Creades un directorio no live-cd chamado rootcopy. Todo o que metades nel, se copiará cando Galinux-Slax remate o inicio. Por exemplo, se queredes que no escritorio de Galinux apareza un arquivo de texto chamado leme.txt, teríades que engadir ao CD (por exemplo, D:\) o seguinte: D:\rootcopy\root\Desktop\leme.txt. Se queredes unha canción nos meus documentos, D:\rootcopy\root\Musica\cancion.mp3

2-Empregade sesións permanentes (tedes información na web) para facer moitos cambios e recuperalos en cada inicio. Iniciades Galinux-Slax, facedes todos os cambios que queriades (fondo, documentos, opcións dos programas, etc.) e ao apagar o PC, os gardará todos no arquivo sesion.mo (lembrade que non podedes por defecto empregar unha partición NFTS para gardar os cambios). Este módulo o engadides ao cartafol do CD E:\base coma calquera outro módulo dos que xa están alí e listo (pódese engadir o módulo con MySlax creator).

3-O máis doado: A nós lévanos moi pouco tempo facer estas cousas porque xa andamos rodados, así que volo editamos nós. Contádenos que cambios queredes facer no live-cd e enviáden os arquivos necesarios a teoramirez(arroba)gmail.com

Unhas recomendacións: na versión actual non van instruccións sobre o que é un live-cd nin como facer que o PC se inicie desde él se non está a BIOS ben configurada. Poderíades explicalo dun xeito breve nun arquivo de texto no propio CD ou na carátula. Tampouco no live-cd 1.3 tivemos coidado cos permisos dos módulos: teóricamente ningún debería ter o bit de execución, pero ata o de agora parece que non houbo problemas por esto.

Un saúdo.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • distribuir galinux - juan - 17/04/2007 13:04 
    • » Re: distribuir galinux « - teo - 17/04/2007 23:25 
      • usb - Ronda - 18/05/2007 18:08 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje