|
Hola Compañeiros:
A Asociación Ambiental Senda Nova vai realizar a II marcha ape polas SENDAS DO APOSTOLO. Un roteiro de dous días de duracion, con noite na aldea de Benza no concello de Trazo, que sae de Carballo e que chega a Compostela.
Farase os días 6 e 7 de Setembro. Aqueles interesados en participar neste roteiro tan peculiar, que saibades que e todo por camiños, corredoiras e monte, visitando lugares de interes artístico como a igrexa de Rus, de Benza, ou a capela de augas Santas, castro de Ouxas... E tamén de interés ambiental, como a Férveda de entrecruces, Ponte Chaián...
Para máis información, podedes visitar a nosa páxina web www.sendanova.org e alí teredes máis datos de este e doutras actividades da asociación.
Moito ánimo e traballo coa vosa, recibide unha aperta. Jose
|
|