|
Con motivo dos tristes incidentes ocorridos en Écija onde se agrediu a compañeiros bombeiros, o persoal dos parques de bombeiros de toda España concentraranse diante das súas sedes o próximo venres día 25 ás 12 do mediodía por espazo de 5 minutos para protestar por estes actos.
Como membro do parque comarcal de Carballo e da Asociación Cultural e Deportiva Bombeiros Begantiños quero expresar o máis absoluto desprecio polas accións de agresión levadas a cabo por algúns veciños da localidade de Écija contra os compañeiros bombeiros que realizaban profesionalmente o seu traballo.
LEMBRA: VENRES 25 // 12:00 CONCENTRACIÓN EN APOIO ÓS BOMBEIROS DE ÉCIJA
|
|