 |
¡¡ GRANDES FESTAS NA HONRA A SAN RAMÓN !! SÁBADO 20 | VENRES 26 | SÁBADO 27 | DOMINGO 28 ///// AGOSTO 2011 en CASTELO (CULLEREDO, A CORUÑA)
Información ampliada do programa, de cómo chegar ata Castelo, fotos, vídeos...etc. na nosa páxina web: www.festascastelo.com
*** Programa de festexos ***
* SÁBADO 20 DE AGOSTO A Asociación Castelo Deporte volve traernos a partires das 22:00 h. unha nova edición do CASTELO MUSIC FESTIVAL, que neste 2011 contará coas formacións SKARALLAOS, GLASGOW e SINESTESIA máis os DJ's FARMER e ARXEN. Previamente ao mediodía terá lugar un concurso de tortillas e postres, amenizado por unha sesión vermú. Máis información deste evento na páxina web www.castelomusicfestival.com
* VENRES 26 DE AGOSTO A partires das 20:00 h. GRAN (MACRO)-CHURRASCADA que amenizará o grupo de baile FARAGULLAS e o de gaitas MOLLADIÑOS de Teixeiro. Despois, espectacular gran verbena a cargo da orquestra PANORAMA e o grupo CICLÓN. No transcurso da noite realizarase ademais un SORTEO DUNHA FIN DE SEMANA NUN HOTEL GOLF BALNEARIO na Ribeira Sacra, cunha ruta en catamarán polo río Sil incluida. Unha vez rematada a verbena, a festa continuará ata que o corpo aguante a altas horas da madrugada no “DISCO-BOCHINCHE”, onde soarán os máis bailados éxitos musicais do momento.
* SÁBADO 27 DE AGOSTO Misa solemne ás 13:30 h. Pola noite, unha nova gran verbena a cargo da orquestra BLUESTAR a partires das 23:00 h. da noite.
* DOMINGO 28 DE AGOSTO Dianas e alboradas percorrerán tódolos lugares da parroquia durante toda a mañá; así coma se celebrarán misas na capela na honra a San Ramón. Ao remate déstas, o peche das festas o porá o DÚO MUSICAL que amenizará unha sesión vermú.
* Bochinche traballado pola Comisión de Festas. * Bebidas de primeiras marcas. Prezos populares. * Aparcadoiros situados preto do campo da festa.
¡TOD@S ESTADES CONVIDAD@S! ¡VÉMONOS NAS GRANDES FESTAS NA HONRA A SAN RAMÓN DE CASTELO! www.festascastelo.com
Imagen:
http://img827.imageshack.us/img827/1220/cartelp.png
|
| |
|