 |
Amigos! quero que conozades o que está a acontecer na provincia de Ourense, xa o estamos a denunciar dende o ano pasado, pero non fan caso e cada vez é peor... Temos unha plataforma de defensa do facebook que podedes ver (Salvemos o Támega) Nela temos fotos do que vos vou comentar. O rio Arnoia, o seu paso por Prado estase a contaminar pola construcción do tunel do AVE... pesca a dia de hoxe... MINIMA! comprobado... O rio Támega esta sendo enevenenado dia si e dia tamén, a auga que baixa de 1 afluentes seu ven totalmente grisácea, e estase a acumular o fango nas pozas. Outro afluente seu o rio Cabras ou Corechouso, hoxe o ir pescalo, menuda sorpresa o ver que cortaran pola metade o rio, fixeran un camiño e desviaran o cauce por tuberias.... MANDA CARALLO!!! O rio Camba esta medio morto xa de Campobecerros para abaixo non vale pa nada e no alto algúns fios de auga constante xa son suficientes para que llegue todo o verquido de a saber o que!!! Se mirades as noticias pola zona de Sanabria acontece igual... Resumindo, por onde pasa o AVE mata con todo... e naide fai nada... EU FLIPO
|
|
|