Rivas.Reixa,Ramonet,Suso de Toro. . .     Fecha  6/09/2010 17:07 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder A prol do galego   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Intelectuais e xornalistas lanzan un manifesto a prol dos medios en galego
>> Logo do peche d'A Nosa Terra e do dixital Vieiros

>> Rivas, Reixa, Ramonet e Suso de Toro, entre os asinantesXORNAL.COM | 06/09/2010 - 16:50 h.
Os medios en galego importan "Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar os medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sos. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora", esta é unha das frases do manifesto que acaban de facer público un grupo de xornalistas, escritores e intelectuais, logo do anuncio do peche da edición en papel d'A Nosa Terra, e despois tamén de que se confirmara o final do portal dixital Vieiros ou de Chuza.

O manifesto, asinado entre outros por Manuel Rivas, Ramón Chao, Suso de Toro, Antón Reixa ou Ignacio Ramonet, critica a inibición dos poderes públicos e reclama a súa implicación para manter o galego nos medios de comunicación. "Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un trás doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto".
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (1)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje