xornal.com     Fecha  1/06/2010 09:46 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder As iniversidades acusan á Xunta de "castrar" o idioma galego   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
As universidades acusan á Xunta de “castrar” o idioma galego
“Agora algúns queren que o galego só se use para falar con galiñas e porcos”, denuncianXORNAL.COM |

As tres universidades galegas impulsaron unha campaña para promover o uso do galego no ámbito científico, a través do lema “En galego tamén se fai ciencia”, dentro das súas iniciativas para impulsar a utilización deste idioma nun acto cheo de críticas á Xunta.

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), José María Barja; a secretaria xeral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Isabel García, e o virreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, presentaron, no Paraninfo da UDC, os obxectivos desta campaña, impulsada pola comisión interuniversitaria de política lingüística.

A secretaria xeral da USC explicou que, entre estes obxectivos, está transmitir “que o galego se pode utilizar para facer ciencia e comunicar ciencia”, mentres que o reitor da UDC, José María Barja, incidiu en que esta iniciativa persegue “derrubar prexuízos inxustificados, tamén no ámbito científico”, engadiu.

Así, cualificou de “case simbólica” a produción científica en galego e, ao respecto, sinalou que “só o 12% do persoal docente investigador” emprega este idioma total ou parcialmente.

Pola súa banda, o vicerrector de Relacións Institucionais da Universide de Vigo, sinalou que a campaña, centrada nun vídeo que se difundirá a través de internet, busca “transmitir a normalidade de empregar o galego tamén na ciencia” e defendeu o uso do idioma “nestes tempos nos que algúns pretenden que se use para falar con galiñas, porcos e cans”. Ademais, cualificou de “doma” e “castración” do galego as últimas medidas en materia lingüística e asegurou que a iniciativa “suxire á sociedade explorar outras vías” fronte ao que considerou “políticas claramente equivocadas”.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » As iniversidades acusan á Xunta de "castrar" o idioma galego « - xornal.com - 1/06/2010 09:46


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje