ANT     Fecha  10/06/2011 19:04 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Dicionario fraseolóxico   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Novo dicionario fraseolóxico virtual
Se vas dicir frases feitas mellor que sexan galegas
Redacción . O 'Dicionario Fraseolóxico bilingüe castelán-galego', de Xosé Antonio Pena, editado por Meubook, xa se pode comprar. Iso si, só está dispoñíbel, polo momento, en formato eléctronico.

Meubook pon á venda por 30 euros o Dicionario Fraseolóxico bilingüe castelán-galego, que recolle máis de 8.500 expresións, frases feitas e xeitos de dicir en lingua castelá e 25.000 en lingua galega.

O seu autor, Xosé Antonio Pena, tomou como base deste traballo o seu anterior Diccionario Cumio de expresións e frases feitas castelán-galego, do ano 2001. Nesta actualización ofrécenos a posibilidade de coñecer cal é a fonte (cun global de máis de cen referencias bibliográficas consultadas durante os dez anos de elaboración da obra) da que se tira cada expresión en cuestión.
O volume será de moito interese para quen queira mellora a súa expresión en galego, puíndo aquelas frases feitas que a hexemonía do castelán introduciu na nosa fala e na nosa escrita. Darlle carpetazo a algo tradúcese en galego por darlle croio ou poñerlle un croio a algo. Con creces cómpre substituílo por ás cheas ou ben a gusto. A distro e sinistro soa ben mellor a torto e a dereito. En galego, o mar calmo non está coma un prato senón máis ben coma un sebo. No canto de dicir de pega é máis recomendado falar de coma quen. Para que pranchar a orella se ten máis graza escunchar croques ou tirarlle polo rabo á pega. Saber o que vale un peite ten menos literatura ca saber o pan que coce o demo. Ante inventos cacofónicos coma a horcaxadas debemos optar por ás carranchas, a cachapernas ou a carranchapernas.


                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Dicionario fraseolóxico « - ANT - 10/06/2011 19:04


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje