Gramática Viñas,Cilha,Moreda     Fecha  11/08/2011 10:52 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Estrato, Substrato, Superestrato, e Adstrato.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje

ESTRATO, SUBSTRATO, SUPERESTRATO E ADSTRATO.

ESTRATO. O estrato defínese como o conxunto de niveis lingüísticos que integran un idioma. A base estratística da lingua galega é o latin vulgar, traido polos romanos.



SUBSTRATO. Conforman o substrato os diferentes vestixios que as linguas nativas desaparecidas polo contacto dun idioma invasor deixaron. O substrato do galego tomou forma a partir das linguas de:

- Pobos preindoeuropeos (carrasco, carqueixa, queiruga), caucásicos (amorodo, coto, sobaco) e tirrénicos (lama, veiga).

-Pobos indoeuropeos (entre eles, os celtas) (Coruña, Barallobre, GALIZA, ameneiro, bidueiro e braña. Tamén braga, camisa ou cervexa.



SUPERESTRATO. O supeerstrato está constituido polas pegadas dos invasores, xermánicos (suevos) e árabes.

-Xermánicos (bandeira, esmagar, espada, espía, espeto, espora, frecha,gañar, gardar, guerra, helmo, laverca, luva, xabón, Castromil, Esposende, Gondomar, Guitiriz, Mondoñedo, Afonso, Alberte, Fernán, Gonzalo, Rodrigo). Tamén, rico, roupa, albergue, tregua, frecha, orgullo).

-Árabes (Almázcara, A Mezquita, Rábade,Sada, albanel, alcalde, alcohol, ALDEA, alfoz,oxalá xadrez,xinete, alfinete, alfombra, alforxa, almofada, aceite, acelga, alcachofa, algodón, arroba, arroz, azafrán, azucre, berenxena, laranxa, algortimo, alquimia, álxebra, cero, cifra).



ADSTRATO. Denomínase adstrato o contacto lingüístico superficial que, debido a contiguüidade xeográfica, á coincidencia no tempo ou á influencia cultural, se estabelece entre dous idiomas; estes coexisten, influíndose mutuamente, mais non chegan a perder a súa autonomía. Na actualidade é o inglés.

LINGUA : PRÉSTAMOS

Grego: Academia, alfabeto, anexo, apóstolo, arcanxo, arteria, bispo, cemiterio, demo, ditongo, eclipse,etimoloxía, evanxeo, fantástico, harmonía, héroe, hipoteca, igrexa, labirinto, mártir, matemáticas, melodía, mosteiro, océano, ortografía, parágrafo, parálise, poesía, ritmo, sinalefa, síncope, sintaxe, traxedia …

L.Amerindias: Ananás, butaca, cacahuete, cacao, cacique, caimán, canoa, caoba, Caribe, coca, cóndor, chocolate, furacán, gaucho, pompa, pataca, piragua, tabaco, tomate, xícara…

Español: Bocadillo, caudillo, desaire, guerrilla, tortilla…

Catalán: Butifarra, capicúa, esquirol, forasteiro, alioli…

Éuscaro: Aquelarre, boina, chabola, chatarra, zamarra…

Francés: Acordeón, bacallau, bailar, bando banquete, bidé, billete, burocracia, chal, chanceler, complot, coronel, corsé, croqueta, dama, ducha, dique, filme, funil, gabardina, garaxe, hotel, mensaxe, mesón, pantalón, paté, pincel, reportaxe, restaurante, tarxeta, trovador, turista, xograr, xoia…

Italiano: Acuarela, bandido,batuta, cartón, deseñar, escorzo, consorcio, medalla, melodrama, modelo, nepotismo, novela, ópera, pallaso, partitura, piano, sonata, solista, soneto, tenor, terraza, vocalizar…

Inglés: Bisté, bote, boxeo, cheque, clube, snobismo, fútbol, gardacostas, gol, golf, iate, líder, mitin, monitor, norte, outsicer, penicilina, portavións, récord, rock, stop, teléfono, tenis, túnel…

Alemán: Búnquer, cobalto, cuarzo, níquel, obús, potasa, valse,zinc…

Ruso: Balalaica, perestroica, tsar …

Xaponés: Bonsai, gueixa, kamikaze, samurái…                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Estrato, Substrato, Superestrato, e Adstrato. « - Gramática Viñas,Cilha,Moreda - 11/08/2011 10:52


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje