Galicia-Hoxe     Fecha  9/03/2011 10:57 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Fin ás minicentrais no Navia   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
MEDIO
Fin ás minicentrais

A construción de novos encoros queda paralizada en todas as concas galegas tras o compromiso do Congreso de vetar futuros aproveitamentos hidroeléctricos no río Navia
R. FERNÁNDEZ . SANTIAGO

Panorámica do río Navia, ó seu paso pola Fonsagrada, onde a Sociedade Saltos de Navia pretendía construír unha presa de 150 Mw
FOTO: AXENCIAS


Os ríos galegos non soportarán novos aproveitamentos hidroeléctricos nos seus leitos. A última das grandes ameazas para un río do país, a posible construción dunha presa de 150 megawatts no río Navia -que ocuparía 1.065 metros cadrados na fronteira entre Lugo e Asturias-, non se levará a cabo. Este foi o compromiso adquirido onte no Congreso dos Deputados, que aprobou por unanimidade a proposición do BNG para que non se constrúan máis encoros nesta canle. De levarse a cabo o proxecto, o río quedaría con máis dun 50% do seu treito encorado, evidenciando unha vez máis a sobreexplotación que sofren os cursos fluviais da comunidade.

A votación na Cámara segue os pasos iniciados polo Ministerio de Medio Ambiente dirixido por Rosa Aguilar, que xa se comprometeu a paralizar novos encoros na conca do Miño-Sil, que pese a soportar un total de 106 infraestruturas hidráulicas -36 grandes encoros e 70 pequenas presas-, ten outras 32 á espera de materializarse. A mesma presión sobre as canles se dá na bacía Galicia-Costa, única cuxas competencias recaen no Goberno galego. Abrangue o 44% do territorio, preto de dous millóns de galegos viven nesa franxa -o 75% da poboación da comunidade- e conta cun total de 74 presas en funcionamento á espera da posible autorización doutras 33 adxudicadas no último consello do Goberno Fraga, xa en funcións. Non obstante, a consellería de Medio Ambiente, dirixida por Agustín Hernández, comprometeuse a paralizar a súa concesión despois de que o Parlamento galego aprobase por unanimidade frear a sobreexplotación da conca, impedindo o visto e prace a novos aproveitamentos. Tanto o Ministerio como a Xunta comprometéronse, así, a autorizar unicamente proxectos de repotenciación para que os saltos xa existentes gañen en eficiencia. Así as cousas, o últimos dos ríos galegos que se vía ameazado pola construción dun novo encoro era o Navia, ó seu paso polos concellos lucenses da Fonsagrada e de Navia de Suarna.


Un proxecto baseado nunha concesión franquista

Con tres encoros e catro centrais hidroeléctricas en funcionamento -que ocupan uns 45 quilómetros, algo máis do 40% do seu percorrido-, a firma Sociedade Saltos de Navia CB -participada polas eléctricas Hidrocantábrico e Enel Viesgo- presentou no 2008 a solicitude para poñer en marcha un novo aproveitamento cunha potencia de 150 Mw baseándose nunha concesión franquista -autorizada en 1951 e modificada en 1963-.

Veciños, grupos ecoloxistas e alcaldes levan máis de cincuenta anos loitando contra un proxecto que causaría graves impactos ambientais e socioeconómicos nun amplo territorio do LIC Ancares-Courel, tamén Reserva da Biosfera e que a Xunta pretende converter nun futuro en parque natura. De feito, a mobilización cidadá impediu que o proxecto seguise adiante e quedase esquecido nun caixón ata que no 2008, Sociedade Saltos de Navia reformulase o proxecto. A súa recuperación trouxo consigo a revitalización da oposición cidadá e ecoloxista, ós que se sumou ós concellos afectados e a Deputación de Lugo. O propio Emilio Pérez Touriño comprometeuse na anterior lexislatura a mediar co Estado para que non atendese ás demandas da eléctrica. E en maio do 2010, os tres grupos que integran o Parlamento rexeitaron en pleno a construción do encoro, instando a Xunta para emitir informes desfavorables para a súa construción. O acordo de onte no Congreso dálle a razón, unha vez máis, ao movemento cidadán e libera os ríos galegos da última das grandes ameazas hidroléctricas.

O BNG esixe que as repotenciacións reciban o "ok" se non causan impacto

Conseguido o freo para novos aproveitamentos hidroeléctricos, ábrese unha nova fronte contra as repotenciacións. Concebidas para dotar dunha maior eficiencia a presas que, en moitos casos, foron levantadas hai décadas, as obras de mellora non están exentas de impacto. O maior exemplo témolo na ampliación do encoro de Santo Estevo no Sil por parte de Iberdrola, que provocou a seca dun treito do río e un grave impacto ambiental na contorna. Por iso, o BNG empraza o Executivo central para permitir unicamente as repotenciacións dos actuais aproveitamentos, "sempre e cando non supoñan un impacto ambiental irreversible e persistente". Así o fixo onte Francisco Jorquera no Congreso, seguindo os pasos iniciados por Xosé Manuel Pérez-Bouza no Senado. A formación frontista confía en que "a maior sensibilidade ecolóxica" amosada pola ministra faga posible que a demanda se leve a cabo.

O BNG tamén pretende que se tramiten os expedientes de caducidade das concesións que non se atopan actualmente en explotación e sexan ambientalmente inviables. Unha reivindicación histórica do ecoloxismo, que tamén contempla a posibilidade de demoler aquelas infraestruturas que non cumpren co cometido para o que foron construídas e prexudican o medio
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Fin ás minicentrais no Navia « - Galicia-Hoxe - 9/03/2011 10:57


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje