GH     Fecha  20/03/2011 12:20 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Isidro Novo   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Na AELG leva a sección de Palabras con memoria, que trata de recuperar os temos que non se recollen nos dicionarios. Hai unha gran riqueza léxica a piques de se perder?

É unha sección que lle propuxen a Cesáreo Sánchez hai dous anos ou dous anos e pico. Queríamos recoller palabras que non están recollidas. A nós chégannos propostas de palabras, comprobamos que non están reflectidas nos manuais e incluímolas nun glosario na web da AELG. Poñemos o nome da fonte, onde se escoita e o seu significado. Xa superamos as 1.020 palabras. Se recollemos as palabras será difícil perdelas. Se non se recollen, moitas se perderán porque quen as emprega están a desaparecer. As novas xeracións, urbanizadas e invadidas polo castelán, xa non as usa.



Pode chegar un momento en que palabras como normalización se acaben introducindo en Palabras con memoria?

A palabra normalización está en desuso. É unha palabra obsoleta, xa non se usa para nada. Agora só temos a palabra SOS, a ver si podemos salvar a lingua e dende logo se este goberno segue gobernando terémolo moi cru para que a lingua permaneza. A lingua vai sufrir moito cos gobernantes que teñen dentro o autoodio. Aspiran a ser madrileños de rexional preferente. Pero tamén hai que botarlle a culpa a impasibilidade da xente que lle quitan o seu e se deixa ir. A culpa non é só do goberno, senón tamén desa actitude da xente.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Isidro Novo « - GH - 20/03/2011 12:20


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje