ANT     Fecha  19/07/2010 08:20 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Surprimir os exames de galego para formar parte da Administración é unha barbaridade.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Benito Montero, fiscal
‘Suprimir os exames de galego para formar parte da administración é unha barbaridade’

Xan Carballa . Ven de ser nomeado Fillo Adoptivo do concello de Poio pola defensa do galego na administración de xustiza, na que exerce como fiscal desde 1970. Benito Montero (Cambados, 1944) vivía de cativo a actividade dun partido xudicial, no que seu pai exercía como taxista, ao que acompañaba no vehículo cando trasladaba xuíces, avogados e as mil persoas que concentraba unha capital comarcal como aquela na procura da lei. Fundador da Irmandade Xurídica Galega, fervente defensor do galego na práctica xurídica, Montero é recoñecido como o primeiro fiscal que usou o galego.

17.07.2010 | 07:57 TAGS: irmandade xurdicia , normalización galego , benito montero , xustiza ,


Benito Montero, fiscal
Vostede é un convencido de que o galego ten que estar presente na xustiza e un activista ao seu favor.

O noso idioma non se falaba na xustiza, non estaba en ningún lado, era proscrito e mesmo perseguido. Como fiscal empecei na Ditadura e aos de esquerdas iso sempre nos motivou para facer cousas, sobre todo cando se abrira a man ou non se prohibira que era como estaba daquela. Pero pasaban anos e o costume facía que seguise fóra o galego. Non podía ser. Tiña a convicción íntima de que había que dar pasos e iso só se fai falándoo e escribíndoo. Se a xente falaba en galego, por que non ía interrogar eu en galego? E se iso era así, por que non se había transcribir? E por que non facer os meus informes en galego?

Cal é o balance deses 25 anos de uso?

Aínda estamos lonxe dunha situación ideal pero mudaron moito as cousas. Hoxe xa hai algúns fiscais que facemos toda a nosa actividade en galego. Xa hai vintecinco anos que non fago ningún escrito en castelán, e se van ao Supremo ou a outra Comunidade tradúcese. Pero até no Supremo hai xuíces galegos aos que lles gustou algunha cualificación miña, como estaba escrita, e nin a mandaron traducir. Hai xuíces, avogados e como digo fiscais, o propio Fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, que levan moitos anos facendo a actividade en galego e contribuíndo a normalizalo. Aínda que vaiamos de vagar somos un grupo de 60 persoas que nos xuntamos na Irmandade Xurídica Galega, vémonos un par de veces cada ano, e facemos máis forza e dámoslle confianza, recursos e axuda a outros para sumarse

Resulta impresionante a súa primeira xuntanza de 2008, en Celanova, co Fiscal Xefe ou o Xefe Superior de Policía de Galicia, Luís García Mañá, dicindo a fórmula solemne. “Si, comprométome a utilizar e promocionar o galego na miña actividade profesional”.

Foi un inicio forte e fermoso. Estaba Xoán Xosé Barreiro, que é presidente na Audiencia de Pontevedra e despois incorporáronse máis xuíces como Luciano Varela e Xoán Alfaia, e no encontro de hai dez días, en Lugo, sumamos outras 15 persoas e temos varias ducias de peticións para a reunión de 2011. O importante é que cada vez medra máis a presenza do galego na xustiza, en sentenzas, informes e escritos.

Como persoa implicada na normalización do galego, que lle parece o conflito polo decreto do galego no ensino?

É un conflito artificial e un paso atrás. A educación é fundamental e as medidas que se toman son graves porque levan detrás pasos moi medidos para desprestixiar o galego. Se se retira o galego de asignaturas como Física e Química e Matemáticas, que se presentan como as máis fortes, as de máis relevancia nos currículos e que máis poden achegar no futuro a un posto de traballo, estase volvendo á idea de que o galego non sirve para o importante senón para catro cousiñas menores. E se cos meniños até os seis anos se deixa ao arbitrio dos pais, nunha sociedade con tanto autoodio, o futuro é escuro. Está ben propoñer o multilinguísmo, pero non se fai polo ben dos rapaces senón para acoutar o territorio do galego. É unha doutrina moi de dereitas, inspirada na FAES e a súa lóxica de que se falan galego poden ser nacionalistas e hai que cortalo. Non digo que o goberno siga esa idea, pero que parece aznarismo das FAES é real. Suprimir os exames de galego para formar parte da administración é unha barbaridade porque existe o dereito ao uso do galego coa administración e a que esta resposte tamén en galego as nosas peticións. Daquela, como o vas garantir se os funcionarios non o coñecen? Esa decisión vulnera un dereito constitucional. Se alguén ten a obriga ineludíbel, por lei (Constitución e Estatuto) de defender o galego é o goberno galego, mais non parece que as medidas que toma leven ese camiño.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Surprimir os exames de galego para formar parte da Administración é unha barbaridade. « - ANT - 19/07/2010 08:20


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje