Público     Fecha  28/02/2011 18:26 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder U-lo contrato cos galegos de Feixóo?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
'Público' desmonta o presidente

U-lo contrato cos galegos de Feixóo?

Redacción . Dous anos despois de tomar o poder, Alberte Núñez Feixóo non cumpriu apenas ningunha das súas promesas electorais. O paro sobe máis en Galiza que no resto do Estado, a sanidade empeorou e a carga fiscal medra, mercé ao canon da auga.

28.02.2011 | 11:27 TAGS: alberte núñez feixóo , contrato , público ,


Núñez Feixóo 'asinando' o seu contrato con Galiza. Pepe Ferrín/AGN
No segundo aniversario da maioría absoluta de Alberte Núñez Feixóo nas eleccións galegas, o diario madrileño Público publica unha reportaxe de Mariola Moreno na que se desmontan as principais promesas electorais do presidente de Galiza.

A promesa estrela de Feixóo era o lanzamento dun plano de choque contra o paro que tardaría en confeccionar 45 días. 730 días despois, as cifras do desemprego en Galiza son ben peores, por culpa do ritmo de destrución de postos de traballo, que atinxiu no último ano o 20,86% fronte á media estatal do 8,55%.

Feixóo pasou de culpar case en exclusiva o goberno de Emilio Pérez Touriño da perda de emprego a negar que a Xunta que el presida teña competencias para loitar contra o desemprego. A única medida neste sentido é o proxecto de reducir as cifras de inscritos no paro mediante o novo código S-698, que eliminaría dos cómputos 55.000 demandantes (parados menores de 30 anos e de longa duración) a conta de formaren parte dun novo plan de asesoramento.

Nestes dous anos, a sanidade galega empeorou. A 31 de decembro do 2010 había 2.211 persoas máis nas listas de espera sanitarias que hai dous anos. O tempo medio de espera pasou dos 70 días aos case 76. O propio Feixóo, que reduciu as horas extra dos médicos no Sergas, tivo que dar marcha atrás e manter o que se denominou entre os médicos como "peonadas".

Contra o prometido de reducir as cargas fiscais, o PP aprobou a Lei de Augas, que aumenta o prezo deste recurso un 140% e abre a vía para privatizar incluso a auga da chuvia e obriga ao pagamento polas familias dun imposto polo uso de fontes e pozos.


                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » U-lo contrato cos galegos de Feixóo? « - Público - 28/02/2011 18:26


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje